Berlín

Páxina Anterior

Páxina 20

Páxina Seguinte

modelo
non o recordas?

que ti agardas á porta
do vello cine avenida
e eu chego tarde,
que veño de non sei onde,
cos petos cheos de regalos
envoltos en papel de prata.
e antes de cruzar o patio
xa nos bicamos tan longo

pero para cando ti e eu nos coñecemos,
o negocio xa pechara
- dis.

por iso nunca vimos a película.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega